Asset Publisher

Back O Concello participa no acto do 25 aniversario do Fondo Galego de Cooperación, cofundado polo G

 Oleiros, 20 de outubro de 2022-. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, cofundado polo Concello de Oleiros no 1997, celebra o seu 25 aniversario cun acto en Nigrán. Polo labor desenvolvido desde a súa creación, farase un recoñecemento especial tanto ao Concello como a Alfredo Novoa Gil, ex-concelleiro de Oleiros e presidente do Fondo durante 15 anos.

 
Desde o profundo convencemento que sempre tivo o Goberno de Oleiros no desenvolvemento de políticas de cooperación internacional desde o ámbito local, no ano 1997 impulsouse a creación do Fondo de Cooperación e Solidariedade xunto con outros municipios galegos. O obxectivo era, e segue sendo, facer realidade os dereitos máis esenciais do ser humano: a saúde, a alimentación, a educación, a xustiza social e a paz.
 
A cooperación de Oleiros non é a dos poderosos, nin é a dos que teñen intereses ou tinglados nos países de recibo, non é con lobbies ou con grupos de poder que van sempre coa carteira aberta para enchela de billetes a costa da parte máis desesperada do mundo. Oleiros está nas antípodas do colonialismo, practicando unha universalidade aberta e xenerosa, chea de boa vontade e respecto, desde a igualdade. 
 
O Concello de Oleiros seguirá aportando toda a vontade e traballo necesarios para intentar reequilibrar o mundo e facelo algo mellor.