Noticias

Atrás Novo envío de material escolar para Guatemala

O Concello de Oleiros está a preparar o envío dun contedor con diverso material escolar para varias escolas dunha das rexións máis pobres de Guatemala. Para este proxecto de cooperación, o Concello aportou numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios Luís Seoane e A Rabadeira.

O envío realízase en colaboración coa Fundación Nova Pescanova, que o trasladará directamente ata o seu destino, en Guatemala. O contedor leva cadeiras, pupitres, mesas, armarios, estanterías, material escolar, libros... 

 
Este envío realízase en base ao convenio de colaboración asinado entre a Universidade da Coruña, a Fundación Nova Pescanova, a ONG Solidariedade Galega e o Concello de Oleiros para a doazón, transporte e distribución de equipamento e material escolar en centros educativos de países de América Latina.