Asset Publisher

Back Israel deixa en liberdade á cooperante española Juana Ruiz

 Israel deixou en liberdade á cooperante española Juana Ruiz condenada por un tribunal militar a trece meses de cárce por traballar como coordinadora de Proxectos na organización sanitaria palestina Health World Committees. O pasado mes de abril foi arbitrariamente detida en Cisxordania e encarcerada polo Estado Israelí sen ningún cargo concreto.

 
Health Work Committees (HWC), a organización sanitaria na que traballa Juana, realizou decenas de proxectos sanitarios e sociais. Son actividades como levar a prevención sanitaria ás aldeas de Cisxordania, vacinar as crianzas de Xerusalén Este, levar a saúde prenatal e natal ás mulleres de Cisxordania, realizar campañas de información e formación en innumerables cuestións relacionadas coa saúde, cos hábitos sanitarios ou coa prevención das enfermidades máis comúns na zona, atender gratuitamente ao 40% dos seus pacientes nas 14 clínicas que ten a HWC polo territorio baixo a Autoridade Palestina e outras actividades polo estilo que, dificilmente, poden considerarse sospeitosas de constituír ningunha clase de delito. 
 
A pesar do seu carácter humanitario e sanitario, ou quizais precisamente por iso, a HWC está a ser atacada intermitentemente polo Estado de Israel nunha política de represión, desgaste e desmantelamento das organizacións da sociedade civil palestina. É imposible que os proxectos de cooperación financiados en España poidan ter ningún viso delituoso xa que a cooperación española, maioritariamente pública, obriga á realización das actividades previstas e á xustificación completa do financiamento dos diferentes proxectos que se levaron a cabo co noso apoio.
 
Ante a detención de Juana Ruiz, o alcalde e todas as persoas que forman o Goberno municipal asinaron o pasado mes de abril un manifesto para transmitir á opinión pública e ás institucións a grande preocupación pola situación na que se atopaba esta cooperante española.