Noticias

Atrás Celebrado o 69 aniversario dos asaltos aos cuarteis Moncada e Céspedes de Cuba no parque José M

O parque José Martí acolleu o acto de conmemoración do 69 aniversario dos asaltos aos cuarteis Moncada e Céspedes. O acto foi organizado polo Consulado de Cuba e contou coa participación da Asociación de Amistad Galego-Cubana Francisco Villamil, a Asociación Cultural José Martí, o goberno municipal e numerosos cidadáns.

 
O alcalde Ángel García Seoane comentou durante a súa intervención que “Cuba é un pais libre, sen amos e ataduras, pero necesita mais que nunca o apoio de homes e mulleres comprometidos coa dignidade, liberdade e soberanía dos pobos”.