Novas

Asset Publisher

Back O Goberno municipal apoia a manifestación en defensa das pensións convocada para o domingo

Oleiros, 11 de abril de 2018-. Este domingo están convocadas concentracións en toda España para defender o dereito a unha pensión digna. O Goberno municipal sumarase ás mobilizacións convocadas polos sindicatos CCOO e UGT e anima a toda a cidadanía da comarca a participar na concentración da Coruña, que terá lugar no Obelisco ás 12:00 horas.

Con esta concentración preténdese demandar a necesidade de acadar unhas pensións dignas no Estado español. Ademais, á evidente perda de poder adquisitivo das pensións hai que engadirlle o intento encuberto de privatización mediante plans de pensións xestionados por bancos e fondos de investimento.