Novas

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros súmase ao día europeo contra a mercantilización da saúde

Oleiros, 7 de abril de 2017-. O Concello de Oleiros sumouse a unha iniciativa da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública, con accións en diversas cidades europeas, para enviar un claro e contundente mensaxe ás institucións e aos estados membros da UE de que a sanidade non se vende. A fachada principal da Casa do Concello luce unha gran pancarta polo día europeo contra a mercantilización da saúde.

Con esta campaña preténdese alertar á sociedade das negativas consecuencias da austeridade prolongada na calidade e accesibilidade ao sistema sanitario. Tamén se procura denunciar as políticas comerciais, fiscais e de mercado único da UE que fomentan o crecemento de seguros e  provedores privados con ánimo de lucro no sector da saúde, cun impacto negativo nas xa crecentes desigualdades sociais.