Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.

Back MODIFICACIÓN Nº3/2015. Modificacion rede viaria en PERI Rialta (rúa Santo Domingo)

O interese público desta modificación deriva da necesidade de adaptar as previsións en plano de aliñación do Plan Xeral a súas propias determinacións de manter subsistente a ordenación aprobada polo PERI de Rialta. A Orde de 11 de decembro de 2011 da Consellería, de aprobación definitiva do Plan Xeral, determinou a necesidade de instrumentar esta modificación puntual para corrección do erro.

A modificación non implica reclasificación do solo, nin incremento da intensidade de uso, nin variación dos sistemas xerais previstos no plan vixente polo que non precisa informe previo á aprobación inicial.
 
TRAMITACION AMBIENTAL:

Con data 27/10/2015 e nº de rexistro de entrada 16404, a secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental remite a Resolución que aproba o informe ambiental estratéxico relativo á Modificación.

A Resolución de data 22 de outubro resolve non someter a avaliación ambiental estratéxica a Modificación ó non considerar significativos os efectos ambientais previstos.

Para velo anuncio no DOG, pinche - aquí -

 APROBACIÓN INICIAL: Na sesión extraordinaria do Concello pleno que tivo lugar o 14 de decembro de 2015, aprobouse inicialmente o documento.

APROBACIÓN PROVISIONAL: Na sesión extraordinaria do Concello pleno que tivo lugar o 26 de maio de 2015, aprobouse provisionalmente o documento.

APROBACIÓN DEFINITIVA: Por Orde de 30 de agosto de 2016, publicado no DOG Nº 192 de 7 de outubro de 2016.

Para velo DOG, -pinche aquí -

Para velo documento en pdf,-pinche aquí -