Información xeral

Asset Publisher

Back Prestación contributiva por desemprego por ter traballado un ano ou máis

  • Estar afiliado e en situación de alta ou asimilada ao alta na Seguridade Social nun réxime que contemple a continxencia por desemprego.
  • Encontrarse en situación legal de desemprego ( a extinción da relación laboral, a suspensión autorizada da relación laborla, a redución temporal e autorizada da xornada de traballo, o retorno a españa dos traballadores españois que finalicen unha relación laboral no estranxeiro, a liberación de prisión por cumprimento de condena ou liberdade condicional, o cese voluntario no cargo dos membros de corporacións locais, cargos representativos dos sindicator e altos cargos das administracións públicas)
  • Suscribir un Compromiso de Actividade e acreditar a dispoñibiliadde para buscar activamente emprego e para aceptar unha colocación adecuada.
  • Ter cotizado por desemprego un período mínimo de 360 días dentro dos 6 anos anteriores á situación legal de desmprego.
  • Non ter cumprido a idade ordinaria que se esixe para a pensión de xubilación salvo no caso de que non se tivera dereito a ela por falta de cotización ou se tratase de situacións de suspensión da relación laboral ou de reducción de xornada autorizados por expediente de regulación de emprego.
  • Non estar incluido nalgunha das causas de incompatibilidade.

Hai que ter en conta que se se interrumpeu o cobro dunha prestación contributiva para traballar este último período dun ano ou máis, poderá elexirse entre reanudar a prestación suspendida ou cobrar a nova xenerada. Esto é o que se coñece como dereito de opción.

Se para traballar este último período tivo que suspender o cobro do subsidio por desemprego, débese solicitar a nova prestación xenerada.