Asset Publisher

Back Incapacidade temporal


O dereito a percepción do subsidio ocorrirá cando:

  • En caso de enfermidade común ou accidente non laboral, dende o 4º día dende a data de baixa no traballo.
  • En caso de enfermidade profesional ou accidente de traballo dende o día seguinte ao da baixa no traballo, estando a cargo da empresa o salario íntegro correspondente ao día da baixa.

Duración do subsidio:

  • No caso de accidente ou enfermidade, calquera que sexa a súa causa, de 365 días prorrogables por outros 180 días máis cando se pressuma que durante eles pode o traballador ou traballadora dado de alta médica por curación.
  • No caso de períodos de observación por enfermidade profesional, 6 meses prorrogables por outros 6 cando se estime necesario para o estudo e diagnóstico da enfermidade.

A efectos do período máximo de duración e a súa posible prórroga, computaránse os de recaída e de observación.

A contía do subsidio está en función da base reguladora e das porcentaxes aplicables á mesma. Estas están ligadas coa situación determinante da incapacidade laboral temporal.

Base reguladora:

  • Incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral: Será a base de cotización por continxencias comúns do mes anterior, dividida entre o nº de días a que se refire dita cotización (no caso de percibir salario mensual será 30 e se o percibe diario será 28, 29, 30 ou 31). Se o traballador ou traballadora se incorpora á empresa no mesmo mes en que se inicia a incapacidade, tomarase a base de cotización de dito mes dividida polos días efectivamente cotizados para establecer a base reguladora.
  • Incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional:


A base reguladora será a suma de:

  • A base de cotización por continxencias profesionais do mes anterior ao da baixa, sen incluir a parte correspondente á cotización por horas extraordinarias, dividida entre o nº de días a que se refira dita cotización.
  • O promedio das cantidades percibidas en concepto de horas extraordinarias realizadas durante os doce meses anteriores ao mes da baixa. A tal fin, totalizaranse as cantidades recibidas nos últimos doce meses e se dividirán entre 12 ou 365 dependendo de si a retribución é mesual ou diaria.

A portecentaxe de apliación será:

  • No caso de enfermidade común ou accidente non laboral: 60 % dende o día 4º ata o 20 inclusive. 75 % dende o dia 21º en adiante.
  • En caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 75 % dende o día en que se produza o nacemento do dereito.

As persoas integradas en Rexímenes Especiais poden presentar peculiaridades na prestación por Incapacidade Temporal.