Asset Publisher

Back Formación profesional para o emprego


Ten por obxecto regular as distintas iniciativas de formación que configuran o subsistema de formación profesional para o emprego, así como a súa estrutura organizativa e de participación institucional.

Fins: 

  • Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores e traballadoras desempregados e ocupados, mellorando a súa capacitación profesional.
  • Proporcionar aos traballadores e traballadoras os coñecementos e as prácticas axeitadas ás competencias profesionais requeridas no mercado de traballo e ás necesidades das empresas.
  • Mellorar a empregabilidade dos traballadores e traballadoras, especialmente os que teñen dificultades de mantemento do emprego ou de inserción laboral.
  • Promover que as competencias profesionais adquiridas polos traballadores e traballadoras tanto a través de procesos formativos como da experiencia laboral sexan obxecto de acreditación.

Accións formativas:

Son as dirixidas á adquisición e mellora das competencias e cualificacións profesionais, podendose estruturar en varios módulos formativos con obxectivos, contidos e duración propios.

En todo caso, a oferta formativa dirixida á obtención dos certificados de profesionalidade, terán carácter modular co fin de favorecer a acreditación parcial acumulable da formación recibida e posibilitar o avance no itinerario de formación calquera que sexa a situación laboral en cada momento.

Cando a formación non esté vinculada á obtención dos certificados de profesionalidade, cada acción ou modulo formativo terá unha duración adecuada a súa finalidade, en función do colectivo destinatario, a modalidade de impartición da formación, o número de alumnos ou alumnas e outros criterios obxectivos, sen que poida ser inferior a 6 horas lectivas. Cando se trate de formación de carácter transversal en áreas que se consideren prioritarias pola Administración laboral competente, a duración poderá ser inferior a ese límite.

A participación dun traballador ou traballadora en accións formativas non poderá ser superior a 8 horas diarias.

Non terán a consideración de accións formativas incluidas no subsistema de formación profesional para o emprego, as actividades de índole informativa ou divulgativa cuxo obxecto non sexa o desenvolvemento dun proceso de formación, tales como xornadas, feiras, congresos, etc.

Centros e entidades de formación

Poderán impartir formación profesional para o emprego:

  • As administracións Públicas competentes en materia de formación profesional par ao emprego, a través dos seus centros propios ou mediante convenios con entidades ou empresas públicas que poidan impartir a formación.
  • As Organizacións empresariasi e sindicais, e outras entidades beneficiarias dos pláns de formación dirixidos prioritariamente a traballadores ou traballadoras ocupados, por sí mesmas ou a traés dos centros ou entidades contemplados nos programas formativos das citadas organizacións ou entidades. Cando se trate de centros ou entidades de formación deberán estar acreditados ou inscritos, según os casos.
  • As empresas que desenvolven accións formativas para os seus traballadores e traballadoras ou para desempregados con compromiso de contratación, que poderán facelo cos seus propios medios, sempre que conten con equipos e instalacións axeitados ou a través de contratacións externas.
  • Os Centros Integrados de Formación profesional de titularidade privada e os centros ou entidades de formación, públicos ou privados, acreditados polas Administracións competentes para impartir formación dirixida á obtención de certificados de profesionalidade.
  • Os centros ou entidades de formación que impartan formación non dirixida á obtención de certificados de profesionalidade, sempre se estean inscritos no Rexistro que estableza a Administración competente.