Información xeral

Asset Publisher

Back Equivalencias de formación a efectos laborais

Finalidade:

As equivalencias a efectos laborais ofrecen a posibilidade de incorporarse a postos de traballo a persoas adultas que non dispoñen dos títulos académicos ou profesionais establecidos legalmente. Establécense únicamente en relación cos requisitos que se esixen nas convocatorias a postos de traballo públicos ou privados.

Tipos de equivalencias:

Existen dous tipos de equivalencias de estudos a efectos laborais:

  • As recollidas pola normativa
  • As outorgadas por resolucións individuais.

Equivalencias a efectos laborais ou profesionais recollidas na normativa

Equivalencias co Graduado Escolar:

  • Orde Ministerial 26/11/1975: Bacharelato elemental, Graduado Escolar, Formación Profesional de Primeiro Grao, 4 cursos completos de calquer bacharelato extinguido.
  • Orde Ministerial 04/02/1986: Certificado de Estudos Primarios expedido con anterioridade á finalización do curso 1975-1976.
  • Orde Ministerial 10/10/1986: Os que acrediten ter reunido as condicións para obter o Certificado de Estudos Primarios.

Equivalencias co Graduado en Educación Secundaria:

  •   LOGSE (Disposición Adicional 4ª.1): Título de Graduado Escolar.
  •   LOGSE (Disposición Adicional 4ª.3): Título de Técnico Auxiliar.

Equivalencias co título de Bacharelato:

  • Orde Ministerial 26/11/75: Bacharelato Superior, Formación Profesional de Segundo Grao, ter aprobados todos os cursos do Bacharelato con sujeción a plans extinguidos, ter aprobados seis cursos de Humanidades con dous de Filosofía da carreira eclesiástica.
  • Resolución da Dirección Xeral de Ensinanzas Medias do 14/04/77: Ter aprobados seis cursos comletos do plan 57, a falta das probas de Grao.
  • LOGSE (Disposición Adicional 4ª.2): Título de Bacharelato (LGE) equivale profesionalmente ao novo título de Bacharelato (LOGSE).

As persoas interesadas só teñen que exhibir as certificacións acreditativas de que cumpren os requisitos esixidos polas normas legais para o recoñecemento dos seus estudos a efectos laborais. Non é necesario, por tanto, ningún acto administrativo nin, en consecuencia, a intervención de ningunha administración.

Recoñecemento polo que un título de carácter oficial ten os mesmos efectos académicos e/ou profesionais ca outro.

Información xeral:

As equivalencias recollidas de maneira específica en disposicións legais non necesitan de resolución individualizada, xa que a propia normativa determina a natureza de dita equivalencia e os seus efectos.

Documentación acreditativa:

  • Fotocopia compulsada do D.N.I., tarxeta de residencia ou pasaporte; a fotocopia do D.N.I. aportárase no caso de que non se preste o consentimento contido no anexo I para a verificación dos datos de identidade a través do Sistema de Verificación de Datos (R.D. 522/2006, de 28 de abril).
  • Xustificación documental dos estudos cursados (orixinal e fotocopia compulsada de certificación académica oficial ou, no seu caso, título ou libro de calificacións).

Equivalencias contempladas en normas de carácter xeral

  • O título de Oficialía Industrial declárase equivalente a todos os ofectos ao título xenérico de Técnico Auxiliar, segundo o previsto na Orde Ministerial de 21 d novembro de 1975 (BOE do 25).
  • O título de Maestro Industrial declárase equivalente a todos os efectos ao título xenérico de Técnico Especialista, segundo o previsto na Orden Ministerial de 21 de novembro de 1975 (BOE do 25).
  • O título de Técnico Auxiliar (FP de Primeiro Grao e Módulos Experimentais de Nivel II) teñen os mesmos efectos académicos ca o título de Graduado en Educación Secunadria e os mesmos efectos profesionais ca o título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) nas correspondentes especialidades tal e como queda establecido no Anexo II do R.D. 777/1998 do 30 de abril (BOE do 8 de maio).
  • O título de Técnico Especialista (FP de Segundo Grao e Módulos Experimentais de Nivel III) teñen os mesmos efectos académicos e profesionais ca o título de Técnico Superior (Formación Profesional de Grao Superior) nas correspondentes especialidades tal como queda establecido no Anexo III do R.D. 777/1998 de 30 de abril (BOE do 8 de maio).
  • O título de Técnico Especialista (FP de Segundo Grao e Módulos Profesionais de Nivel III) é equivalente a efectos académicos co primeiro dos cursos de Bacharelato, conforme ao establecido no Anexo I do R.D. 986/1991, de 14 de xuño (BOE do 25), polo que se aproba o calendario de aplicación da LOGSE.