Dende o punto de vista da empresa, o obxectivo principal da entrevista é un encontro cara a cara que permite medir e avaliar a idoneidade da túa candidatura para un posto determinado.
Trátase de indagar se tes as aptitudes e experiencia necesarias para aportar unha contribución significativa e proveitosa para a empresa.
Un segundo propósito é comprobar se podes encaixar na empresa segundo o teu estilo persoal, temperamento e habilidades sociais.
Para rematar, a través da entrevista, a empresa obtén información que lle permite comparar os teus puntos fortes e débiles cos dos outros candidatos.
Dende o teu punto de vista, o obxectivo da entrevista é obter unha oferta de emprego e demostrar que es o mellor candidato. Ademais, a entrevista pode servirche para comprobar a túa compatibilidade co empregador potencial e a súa empresa.
O contexto da entrevista é evidentemente diferente cando esta se produce tras unha contestación a un anuncio ou tras o envío dunha candidatura espontánea.
Cando entras no despacho do entrevistador, xa coñeces a necesidade da empresa e a entrevista estará marcada por unha forte presión xa que o obxectivo do seleccionador será avaliar a túa candidatura respecto a un perfil ideal, e respecto ó perfil dos teus competidores. Deberás amosar, non só que encaixas perfectamente coas necesidades da empresa, senón que o fas mellor ca outros candidatos. No caso de producirse a entrevista tras o envío dunha candidatura espontánea, ó enquisador chamaríalle a atención a calidade da túa candidatura e estará interesado en coñecerte, sen ter unha idea precisa do que lle vas a propoñer. A relación será máis igualitaria, marcada por un intercambio profesional.
Puntos a ter en conta:
- A preparación da túa entrevista de traballo.
- Tipos de entrevista.
- Fases da entrevista.
- Como actuar nunha entrevista de traballo?
- Comunicación non verbal.
- Comunicación verbal.
- Outros consellos.
Lembra que ...
Do proceso da entrevista teremos en conta que non só é importante que actuemos seguindo as recomendacións establecidas anteriormente para o entrevistado senón tamén atenderemos a aqueles aspectos nos que se fixa o entrevistador.
- Chega puntual.
- Non entres nin te sentes ata que cho indiquen.
- Mantente relaxado, sen dar a impresión de nerviosismo.
- Séntate nunha postura axeitada pero cómoda; non te votes para adiante ou para atrás nin estires as pernas.
- Mira ó entrevistador ós ollos e procura sorrir levemente, sen demasiada confianza, sen estar demasiado serio.
- Debes saber exactamente onde está cada cousa que che poidan pedir nun momento dado (currículo, diplomas, etc.)
- Non fumes nin bebas aínda que cho ofrezan.
- Non mires o reloxo.
Outros puntos: