Novas

Asset Publisher

Back Pablo Díaz amenizará a tarde do domingo en Mera co seu Toc Toc

Oleiros, 31 de marzo de 2014.- O próximo domingo 6 de abril, ás 18.00 horas, o auditorio Gabriel García Márquez recibe o concerto Toc Toc, de Pablo Díaz. Este concerto está organizado pola Rede de Dinamización Lingüística en coordinación co Servizo de Normalización Lingüística do Concello. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala.
 A terceira edición de FalaRedes bota a andar con TOC TOC, un espectáculo para nenos de 3 a 10 anos. Tras revolucionar o público infantil coa xira de TIC TAC, Pablo Díaz volve cun musical baseado no libro-disco homónimo e no que invita a cantarlle á alegría e á amizade, á vez que inculca nos cativos valores como o ecoloxismo ou a paz, dun xeito lúdico e co galego como lingua.
TOC TOC rima con rock, pop, folk e tamén co soul, que aquí se mesturan coa tradición galega ao cobrar protagonismo sobre o escenario os romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico, que converten o concerto nunha festa na que os nenos e nenas bailan e cantan na nosa lingua. A música actúa así como fonte de transmisión do galego ao promover que a xente miúda siga cantando as cancións tras finalizar a actividade.