Novas

Asset Publisher

Back O SNL programa A parábola do angazo para o 17 de maio

O vindeiro martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 20.00 h, representarase no Auditorio Gabriel García Márquez a obra A parábola do angazo, de Talía Teatro. Unha obra na que con humor, Toño Casais e Artur Trillo van botar a lingua a pacer. A entrada é gratuíta con invitación que poderá recollerse desde as 19.00 h no despacho de billetes do auditorio.

Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro. Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir.


No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega.