Noticias

Noticias

Atrás O SNL leva a deportistas galegos aos centros de ensino

Oleiros, 10 de marzo de 2014.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou para hoxe a actividade O galego na súa voz no IES Miraflores. Unhas charlas nas que este ano se centran no deporte e nas que diferentes deportistas galegos falan da lingua no deporte, mostran que o galego é válido en todos os ámbitos e contan a súa experiencia persoal.

Hoxe pola tarde estará no instituto de Oleiros Luis Fernández, que foi antigo alumno do centro.