Novas

Asset Publisher

Back O contacontos Viaxe ao Brasil chega aos colexios do Concello

Oleiros, 31 de marzo de 2014._ O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou para o CEIP Luis Seoane o contacontos Viaxe ao Brasil. Unha pequena obra de teatro con presentación, nó e desenlace e nela cóntanse contos, recítanse poesías, cántanse cancións (tamén con música en directo de acordeón e ukelele), dinse adiviñas... Nesta ocasión os Ratos cóntannos como a lingua galega é irmá da portuguesa, o que nos permite entendernos en países como Brasil ou Portugal.
Faranse dúas sesións no salón de actos do centro para o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria. E o 22 e 28 de abril será o CEIP Valle Inclán o que recibirá a visita dos ratos da biblioteca.