Noticias

Noticias

Atrás Este venres a Fábrica acolle o concerto O meu primeiro Celso Emilio

O Concello de Oleiros programou para este venres 14 de febreiro un concerto que homenaxea a Celso Emilio Ferreiro a través da voz de María Manuela, Mini, Mero e Xiana Lastra. Haberá dúas sesións, unha pola mañá, para alumnado dos institutos do municipio e outra para o público en xeral, ás 21.00 horas. As entradas poranse á venda a partir das 20.00 horas e o seu prezo é de 2,50 euros.
Este espectáculo que dá vida ao libro que editaron Xosé e Xiana Lastra, mostra unha visión da obra de Celso Emilio adaptándoo a todas as idades e en especial á mocidade. O elenco musical está composto polos irmáns Manolo (baixo) e Pepe do Pico (percusión), Roberto Grandal (acordeón), Simón García (contrabaixo), Nani García (piano), Xurxo Varela e Paco Barreiro (guitarras) ou Nuria Lestegás (violín).