Noticias

Noticias

Atrás Este sábado as familias do Apego xogarán co obradoiro Somos Xogo

 

O vindeiro sábado 9 de abril ás 12.30 horas, haberá un obradoiro de xogos no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo para familias con nenos e nenas maiores de 4 anos. O obradoiro Somos Xogo é un proxecto de dinamización lingüística e creatividade xogantina para espallar a cultura lúdica e fomentar o galego.
 
Neste obradoiro imos coñecer algúns dos fantásticos xogos de mesa presentados no certame Xoga en galego e dar algunhas pistas para crear os nosos propios.
 
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do seguinte enlace: https://forms.gle/1bB95ZH5xz2DixA99. Terán preferencia as familias inscritas en Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.