Novas

Asset Publisher

Back Este sábado 26 de abril ás 20:30 horas Fantoches Baj representará O Asombro con Díaz Castro na

A compañía teatral Fantoches Baj, presenta o espectáculo “O Asombro con Díaz Castro”, inspirado nos textos de Díaz Castro e Uxío Novoneyra, baixo a dirección de Inacio Vilariño, este sábado ás 20.30 no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo.
Un espectáculo que logra asombrar o público, fascinándoo polo frescor impactante da proposta. É un cruce entre teatro poético e manipulación de obxectos, cun acompañamento musical en directo de Benxamín Otero.
O narrador, recitador ou “performer”, Inacio Vilariño, encandéanos coas palabras de Díaz Castro e Uxío Novoneyra, cunha rotunda musicalidade que se deixa escoitar con verdadeiro pracer, mentres crea un suxerinte universo de trazos inscritos con xis branca sobre un taboleiro. Ou mediante unha estudada manipulación de libros que van construíndo ilustracións abstractas das palabras que xorden deles.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala e o seu prezo é de 2,50 euros. Está recomendado para maiores de 12 anos.