Asset Publisher

Back O noso Contacontos

Este é o conto inventado por nenas e nenos, de 3 a 10 anos, usuarios da Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé a partir do modelo que propón a obra titulada Confundindo historias.

Cincenta a Vella

Había unha vez una nena moi vella que se chamaba Cincenta, vivía nunha chabola coas súas tres medio irmás, que ás 12 da noite se convertían en hamsters. Cincenta nunca se bañaba, nin limpaba, nin varría, nin fregaba. Facía pis e caca polos pantalóns.

Un día un príncipe moi feo quería casar e fixo un partido de fútbol para atopar noiva. Ali foi invitada Cincenta e as súas medio irmás. Cincenta foi cun vestido rachado e zocas e un pantalón azul rachado. Marcou un gol e celebrouno cun gran pisotón  ao príncipe, que xa estaba namorado dunha das súas medio irmás, pero  dábanlle moito noxo os hámster, e ás 12  da noite, cando se converteu en hámster asustouse e tropezou con Cincenta, que caeu e rompeu unha perna porque o príncipe a pisou.

Ao día seguinte, o príncipe buscaba á rapaza da perna rota para casar con ela, pero o único que atopou foi un monstro que soamente tiña un ollo. E ao final, despois de moito buscar, nunha pequena chabola atopou á rapaza da perna rota, que era Cincenta, e ao velo, botoulle unha xigantesca bronca por pisala.

Inventado  por: Andrea Neira Pardo (7 anos), Sara e Paula Babío García (7 anos), Iván (6 anos), Rubén García Neira (10 anos), Antía Martínez Lourido (7 anos), Adrián (3 anos) e Noelia (10 anos) Sánchez García, e coa colaboración de Paris López Carballeira, (4 anos).