Grazas, Obrigado, IES Maximino Romero de Lema!!!
- A editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición das-dos máis pequenas-os da casa, no Portal da Lingua Galega, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Descárgao de balde nesta ligazón e aprende moitas cousas interesantes do autor de "As pitas baixo a choiva", do que che deixamos aquí unha adaptación en vídeo realizada polo profesorado do CEIP Vilaverde-Mourente da obra publicada por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval. Grazas, Bolechas. Grazas, CEIP Vilaverde-Mourente!
- "Don Ricardo de Fingoi": nesta web podes ver a estreita relación de Carvalho Calero e a cidade de Lugo. O intelectual ferrolán residíu e traballou en Lugo desde 1950 a 1965, como profesor e responsable do Colexio Fingoi. Imaxina cantas veces terá percorrido a súa Muralla! Cantos paseos terá dado por riba desa espléndida construcción e nalgunha desas voltas non lle terá dado forma a moitos dos seus versos! Pois, sabías que a Muralla de Lugo é un dos 40 monumentos do Patrimonio Mundial que a UNESCO promocionou durante este confinamento? A iniciativa enmárcase na campaña #ComparteNuestroPatrimonio, destinada a dar a coñecer o Patrimonio Mundial e supón un gran recoñecemento, xa que a listaxe reúne máis de 1020 monumentos, paisaxes e tradicións ao longo de todo o mundo e coincide co vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Nesta web podes ver estupendas fotos, vídeos e mesmo podes facer un paseo virtual por riba da muralla!!! Grazas, Colexio Fingoi! Grazas, Unesco!