Asset Publisher

Back Miramos pola fiestra... #euquedonacasa

https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa/recurso/visita-virtual-lugris-paredes-sonadas

Finalizamos a celebración do Día Mundial da Arte cunha visita virtual á expo «Lugrís, paredes soñadas» do fantástico pintor atlántico organizada por Afundación.
Celebrada en 2017, recolle un total de 106 obras que repasan o traballo realizado por Urbano Lugrís como decorador de espazos, obras moitas delas nunca exhibidas, como o bosquexo do artista para a igrexa de San Pedro de Visma (proxecto non realizado), o óleo Stella Maris, para a Confraría de Pontedeume; o gran mural que pintou no Sanatorio Álvarez, en Santiago de Compostela, etc.