Asset Publisher

Back Letras Galegas 2010

Ao longo de todo o mes de maio, e para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao poeta Uxío Novoneyra, celebraránse as seguintes actividades:

  • Exposición de todos os fondos bibliográficos dispoñibles relacionados con Uxío Novoneyra. Inclúese unha biografía documental con algúns dos momentos máis destacables da traxectoria persoal e profesional do autor.
  • Axuda ao Cuco a atopar o seu niño. Datas: 14 ao 28 de maio. Actividade infantil dirixida aos máis pequenos. Uxío Novoneyra escribíu moitos poemas sobre O Courel e os animais que alí viven, por exemplo o Cuco. Axúdanos a atopar o camiño que ten que seguir o cuco para chegar ao seu niño. Actividade inspirada no traballo do Seminario Galán.