BPM e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro

Asset Publisher

Back Presentación do poemario "Territorio baleiro" de Ana López

Xoves 19 de outubro 2023

Presentación do poemario "Territorio baleiro" de Ana López: 19 de outubro 2023

Día: xoves 19 de outubro

Hora: 19:00 h.

Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)

Intervirán: a autora, Ana López e a poeta Olga Patiño

"Territorio baleiro" é un poemario que pretende interpretar os acontecementos que nos rodean desde os sentimentos; testemuñas e vítimas, causas e efectos, expedicionarios á procura de respostas que caen a maioría das veces nunha rede de elucubracións absurdas.

Segundo a autora, este libro é un sinxelo esforzo por perforar un tempo consagrado a construír sistemas de deshumanización planetaria que deixan en pé de desigualdade á natureza, e por ende ao ser humano fronte ao denominador común dunha mal chamada “utilidade”.

Ana López dedicouse ao ensino, primeiro como mestra e despois como profesora de Lingua Galega. Nestas dúas etapas, a poesía sempre tivo un lugar importante dentro da aula, considéraa un instrumento pedagóxico valiosísimo para educar a sensibilidade.

Ao xubilarse integrouse, durante algún tempo, no grupo de poesía Diversos da Coruña. 

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.