Asset Publisher

Back Letras Galegas 2010

Ao longo dos meses de abril, maio e xuño, e para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta Uxío Novoneyra, celebráronse as seguintes actividades:

  • 30 de abril no teatro As Torres de Santa Cruz ás 12:00 horas: charla lúdico-pedagóxica a cargo do actor Brais Fernández sobre a figura de Uxío Novoneyra. Dirixida ao alumnado do IES María Casares e Neira Vilas. Pode asistir o público que o desexe.
  • 5 de maio no teatro As Torres de Santa Cruz ás 11:40 horas: contacontos baseado na obra Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro, representado pola Compañía Artestudio Teatro. Nesta obra mestúranse dous momentos diferentes no tempo: o pasado e o presente, no que atopamos dous feirantes, dous titiriteros condenados a viaxar no tempo, a reaparecer en calquera feira, en calquera momento para volver a representar o seu repertorio, musical e de historias vividas.
    Actividade dirixida ao alumnado do IES Neira Vilas.
  • 14 de maio, no teatro As Torres de Santa Cruz ás 11:30 horas: encontro co escritor Xabier P. Docampo, que falará da súa obra Cando petan na porta pola noite e outros libros de medo.
    Conferencia dirixida a alumnado do Instituto Neira Vilas.
  • 2 de xuño, no teatro As Torres de Santa Cruz ás 18:30 horas: teatro de monicreques a cargo da Compañía Galitoon, que representará a obra Rosalía, a pulga que escribía. Entrada libre.
    e ademais...
  • Exposición bibliográfica cos fondos relacionados con Uxío Novoneyra.
  • Confección dun tríptico arredor da súa obra e traxectoria biográfica.
  • Mural interactivo, fotobiogafía e pasatempos culturais vencellados á súa vida e obra.
  • Lecturas de poesía.