Asset Publisher

Back Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Estas son as Tertulias literarias previstas para a tempada 2010-2011:

Pre-inscrición aberta dende o 27 de setembro.

Moi importante: a entrada nos grupos dependerá da existencia de vacantes con respecto á participación da tempada anterior. A tal efecto crearase unha lista de espera.

A frecuencia da actividade é quincenal.

Cada sesión terá lugar os mércores (excepto festivos) cunha duración de 2 horas.

Máis información no teléfono 981 639 511.

 Descarga o programa de Tertulias literarias