Asset Publisher

Back A lectura, esa gran viaxe

Desde as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecemos a guía A lectura, esa gran viaxe, formada por 225 recomendacións, cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión e lembrar que un libro, un CD, ou un DVD son tamén un bo agasallo.

Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas polo que nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de obras de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes gustos, intereses e preferencias.

Todos os anos editamos dúas guías: unha ao comezo do verán e outra polo Nadal. As obras recomendadas nas anteriores procuramos que non volvan figurar para que non se repitan e así aportar novidades ou obras clásicas que non seleccionaramos.

 

Animámosche a pasar pola Biblioteca Central Rialeda, onde atoparás expostos os títulos seleccionados, que podes levar en préstamo.