Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Tertulia literaria en Rialeda: 5 de novembro (Grupo B)

Ás 17,30 h. Comentario de "El estandarte" de Alexander Lernet-Holenia.

Tertulia literaria en Rialeda: 2 febreiro 2011 (Grupo B)

Hora: de 17,30 a 19,30 h. Comentario de "El sol de los Scorta" de Laurent Gaudé.

Tertulia literaria en Rialeda: 29 de outubro (Grupo A)

Ás 17,30 h. Comentario de "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.

Tertulia literaria en Rialeda: 22 de outubro (Grupo B)

Ás 17,30 h. Comentario de "Prisioneros en el paraíso" de Arto Paasilinna.

24 de outubro: celebramos o Día da Biblioteca con actividades durante toda a semana

Maxia, teatro, música, contacontos, sobres sorpresa e agasallos de libros nas Bibliotecas Municipais de Oleiros durante a semana do 20 ao 24 de...

15 de outubro: Inicio tempada na Tertulia Literaria (Grupo A)

Ás 17,30 h. na Biblioteca Central Rialeda. Casiña de Actividades. Presentación da actividade.

8 de outubro: Inicio tempada na Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo B)

Ás 17,30 h. na Biblioteca Central Rialeda. Casiña de Actividades. Presentación da actividade.

Tertulia literaria en Rialeda: 26 xaneiro 2011 (Grupo A)

Hora: de 17,30 a 19,30 h. Comentario de "Lo que esconde tu nombre" de Clara Sánchez.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 24 xaneiro 2011

Hora: de 18,30 a 20 h. Comentario de "Amor de tango" de Mª Xosé Queizán

Mércores 17 de setembro: apertura do prazo de inscrición nas Tertulias Literarias en Rialeda

A partir das 8,15 h. Pódese inscribir en liña ou por teléfono. Tamén pode inscribirse acudindo persoalmente á biblioteca.

Tertulia literaria en Rialeda: programación xaneiro-marzo 2011 (Grupo B)

- El sol de los Scorta, de Laurent Gaudé. - Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout. - O club da calceta, de María Reimóndez. - Memorial del...