Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Tertulia literaria en Rialeda: 4 abril 2018 (Grupo B)

17,30 h. Comentario de "Abril encantado" de Elizabeth Von Arnim

3º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

Mércores 11 de abril ás 17,30 h. na Biblioteca Central Rialeda de Perillo

3º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

Mércores 4 de abril ás 17,30 h. na Biblioteca Central Rialeda de Perillo

3º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

Luns 9 de abril ás 17,30 h. na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz

Tertulia literaria en Rialeda: valoración final dos títulos da tempada 2011-2012

Libros máis valorados: "La mancha humana" de Philip Roth e "Cien años de soledad" de Gabriel García Márquez.

Tertulia literaria en Rialeda: 21 marzo 2018 (Grupo B)

17,30 h. Comentario de "Novecento" de Alessandro Baricco

Tertulia literaria en Santa Cruz: 19 marzo 2018

17,30 h. Comentario de "Amor é unha palabra como outra calquera" de Francisco Castro

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 13 de xuño (Grupo A). Remate da tempada

Atención: cambio de horario (18 a 20 h.) Comentario da obra "Nada" de Carmen Laforet.

Tertulia literaria en Rialeda: 14 marzo 2018 (Grupo A)

17,30 h. Comentario de "La analfabeta" de Agota Kristof

Tertulia literaria en Rialeda: 7 marzo 2018 (Grupo B)

17,30 h. Comentario de "Patria" de Fernando Aramburu

Tertulia literaria en Santa Cruz: 5 marzo 2018

17,30 h. Comentario de "De noche, bajo el puente de piedra" de Leo Perutz

Tertulia literaria en Rialeda: 28 febreiro 2018 (Grupo A)

17,30 h. Comentario de "Lourenço, xograr" de Manuel Portas