Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Tertulia literaria en Rialeda: 21 de novembro (Grupo B)

Hora: 17,30 a 19,30 h. Comentario da obra "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.

Tertulia literaria en Rialeda: 27 febreiro 2019 (grupo A)

17,30 h. Comentario de "La estratagema" de Léa Cohen.

Tertulia literaria en Rialeda: 26 febreiro 2019 (Grupo B)

Recupérase a sesión non celebrada o 20 de febreiro. 17,30 h. Comentario de "No voy a pedirle a nadie que me crea" de J. P. Villalobos.

Aviso importante: A tertulia do 20 de febreiro trasládase ao martes 26

17,30 h. Comentario de "No voy a pedirle a nadie que me crea" de Juan Pablo Villalobos.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 18 febreiro 2019

17,30 h. Comentario de "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah.

15 febreiro 2019: Presentación do Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda

18,30 a 20 h. Presentación da actividade e entrega do libro "El nombre del viento" de Patrick Rothfuss.

Tertulia literaria en Rialeda: 13 febreiro 2019 (grupo A)

17,30 h. Comentario de "As voces baixas" de Manuel Rivas, coa colaboración da profesora de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 de novembro

De 18,30 a 20 horas. Comentario da obra "Nosotras que nos queremos tanto" de Marcela Serrano.

Tertulia literaria en Rialeda: 6 febreiro 2019 (grupo B)

17,30 h. Comentario de "La chica del tren" de Paula Hawkins.

Tertulia literaria en Rialeda: 6 febreiro 2019 (grupo B)

17,30 h. Comentario de "La chica del tren" de Paula Hawkins.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 4 febreiro 2019

17,30 h. Comentario de "La ridícula idea de no volver a verte" de Rosa Montero.

Tertulia literaria en Rialeda: 7 de novembro (Grupo B)

Hora: 17,30 a 19,30 h. Comentario da obra "La mancha humana" de Philip Roth.