Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 9 marzo 2018

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1246891- Xuvenil (máis de 12 anos):
 
22 segundos, de Eva Mejuto
Xerais

Alex cóntanos diante da cámara web do seu ordenador como percorreu o camino para chegar a ser quen é acompañado e guiado pola súa familia e os seus amigos. Vinte dous segundos e... o arquivo está xa na rede.

Proposta pioneira na literatura xuvenil galega para falar da transexualidade e da necesidade de visibilizar esta elección como unha tan válida e socialmente aceptada coma calquera outra.

- Mozos/as e adultos/as:
 
Nosotros en la noche, de Kent Haruf
Mondadori Random House

Un día Addie preséntase na casa do seu veciño Louis Waters para proporlle pasar as noites xuntos, sen importarlle o máis mínimo o que dirán. Un xeito de desprenderse dese terrible peso que é a soidade da vellez nas noites que a soidade fai longas. Asistiremos as súas emotivas conversacións que serán o paso previo para coñecerse e converterse en inseparables.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.