Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 8 febreiro 2019

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1214956&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC-Infantil (menores de 6 anos):
"Xa voooou!", texto de Susana Peix e ilustracións, Romina Martí. Editado por Bululú.
O protagonista deste conto chámase Suit e é un peixiño moi dicharacheiro e alegre, que nada a gran velocidade pero que é moi, moi despistado. Isto ocasiónalle problemas, xa que cada día alguén se enfada con el, pois cada vez que lle piden algo, el contesta Xa voooou! Pero logo se distrae e se esquece. O luns anóxase a súa nai, o martes é a señora Ostra, o mércores, o seu veciño, o señor Percebe… Menos mal que a súa amiga Nora lle fai un agasallo!
 

- Mozas-os e adultas-os:
"El cielo es azul, la tierra blanca" de Hiromi Kawakami. En Alfaguara.
Conta a historia de Tsukiko, unha xaponesa de 38 anos que un día se cruza nun bar co seu
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1488104&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20cielo%20es%20azul%20la%20tierra%20blanca vello profesor de literatura. Ela está solteira e el “o mestre” (así o chamará durante todo o relato) está viúvo dende hai anos. Pouco a pouco, a raíz de encontros fortuitos na taberna, na que beben sake e comen, case sempre o mesmo menú, irán estreitando  lazos. O que empezou sendo unha historia entre mestre-alumna, evolucionará cara unha relación entre iguais, de adultos libres e autosuficientes que gozan da súa independencia. Sutileza, palabras xustas, elegancia. Unha autora que non precisa demostrar que sabe escribir e fai o que importa: contar unha historia sen artificios.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.