Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 6 marzo 2020

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1483087&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Infantil (8 a 10 anos):
"Novo mundo. Isabel  Zendal na expedición da vacina" texto e ilustracións de El primo Ramón. En Bululú.
A historia dunha muller que foi fundamental na expedición que saiu da Coruña no 1803 para levar a vacina da varíola ás colonias de ultramar. Un episodio de primeira a nivel histórico e científico e no que o papel de Isabel Zendal foi de suma importancia. Magníficas ilustracións de El primo Ramón cun texto moi coidado.

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1425020
- Mozas-os e adultas-os:
"Correo literario" de Wislawa Szymborska. Editado por Nórdica.
Seguindo a vella tradición das revistas literarias, Szymborska encargouse durante anos do “consultorio” dunha publicación polaca, respondendo a aquelas-es escritoras-es que pretendían debutar. A ironía e un sentido do humor moi particular, fan destes pequenos textos unha xoia a saborear.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.