Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 3 agosto 2018

 

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libroshttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1225200- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"Sed amigos" de Salina Yoon. Editado por Corimbo.
Dennis é un neno que ten a habilidade de expresarse dun xeito totalmente diferente ao resto das rapazas e rapaces. Mentres estes berran, cantan ou bailan, Dennis fai mimo. O teatro é a súa paixón. Pero as diferenzas ás veces provocan distancias e Dennis sentíase só e invisible ata que un día lle da unha patada a unha pelota imaxinaria que sorprendentemente alguén recolle. Un libro sobre a amizade, a soidade e o respecto á diversidade. Un precioso álbum con expresivas ilustracións que amosan as marabillas do teatro.

- Mozas-os e adultas-os:
"Detrás da máscara" de Louisa May Alcott. Tradución de Antía Veres Gesto. En Hugin e Munin
Jean Muir é unha muller independente e de grande intelixencia que se presenta na aristocrática casa dos Coventry para traballar como institutriz de Bella, a filla menor. Grazas á súa astucia e habilidades, consegue, en tan só unha xornada de traballo, gañarse o afecto da señora Coventry, dos seus fillos menores e do acaudalado sir John, o tío. Pero Gerald, o fillo maior e Lucía, a curmá, desconfían dela, e razóns non lles falta, xa que a doce e https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1268063
atenta Jean, pronto se transformará nunha “femme fatal”. Esta novela escrita pola autora da afamada  obra “Mujercitas” foi rescatada tras 150 anos para dar a coñecer a outra faceta de Alcott, a adicada ao xénero negro.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.