Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 16 marzo 2018

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=feliz+feroz&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (de 6 a 8 anos):

Feliz Feroz: o lobiño riquiño, de El Hematocrítico
Xerais

O protagonista é un lobiño atípico: é educado, estuda, gústalle ler, é amable, axuda ás persoas maiores a cruzar a rúa… todo isto alporiza á súa nai que xa non sabe que facer para que o seu fillo sexa realmente feroz. Así que nunha conversa co seu irmán, cóntalle o desesperada que está por esta circunstancia, así que o tío do lobiño ofrécese para educar ao seu sobriño como un verdadeiro Lobo Feroz.

- Para mozos/as e adultos/as:


https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1031321Monasterio, de Eduardo Halfon
Libros del Asteroide

O protagonista, alter ego do escritor, viaxa a Israel para asistir á voda da súa irmá cun neoiorquino ultraortodoxo. Alí vaise atopar coa parte máis radical da relixión xudía e o noso protagonista terase que enfrontar á súa herdanza relixiosa. Guiado por quen vai ser o seu cuñado, visita o barrio onde ten pensado establecerse o novo matrimonio. Todo o que ve e escoita, vai convencendo a Eduardo para tomar unha decisión con respecto a voda da súa irmá.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.