Asset Publisher

Back 2009 11 Recomendacións en Radio Oleiros

Todos os venres en Radio Oleiros (101.5 FM) realizamos dúas recomendacións bibliográficas no espazo titulado Todo, todo está nos libros, que se emite ás 13:15 e ás 17:00 horas. Por se non puideches seguir o programa recuperámolos tamén neste espazo:

Libros recomendados o 27 de novembro de 2009 Escoitar programa 27/11/09 (WAV - 1,411.8 KB)

Libros recomendados o 20 de novembro de 2009

  • Infantil e xuvenil: As bruxas, de Roald Dahl (editado por Xerais). A historia dun rapaz e a súa avoa que se enfrontan á terríbel Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentras estas celebran o seu congreso anual nun hotel. Son bruxas que odian aos nenos pois considéranos suxos, fedorentos e polo tanto candidatos ao exterminio.
  • Mozas/os e persoas adultas:La crisis ninja y otros misterios de la economía actual, de Leopoldo Abadía (editado por Espasa Calpe). A través do acrónimo inglés "ninja" (sen diñeiro, sen traballo estábel e sen patrimonio), o profesor Abadía explica dun xeito ameno a actual crise económica enlazándoa coa crise de valores.

Libros recomendados o 13 de novembro de 2009 Escoitar programa 13/11/09 (WAV - 3,793.8 KB) 

Libros recomendados o 6 de novembro de 2009

  • Infantil e xuvenil (de 6 a 8 anos): El color de la arena, de Elena O´Callaghan i Duch e María Jesús Santos Heredero (editorial Edelvives).
  • Mozas/os e persoas adultas:Herbario, de Sandor Marai (editado por Rinoceronte).