Asset Publisher

Back 2009 10 Recomendacións en Radio Oleiros

Todos os venres en Radio Oleiros (101.5 FM) realizamos dúas recomendacións bibliográficas no espazo titulado Todo, todo está nos libros, que se emite ás 13:15 e ás 17:00 horas. Por se non puideches seguir o programa recuperámolos tamén neste espazo:

Libros recomendados o 30 de outubro de 2009

  • Infantil e xuvenil: Restaurante Farruco, de Chus Pereiro e ilustrado por Xan López Domínguez (editado por Edicións Xerais de Galicia). Divertida obra de teatro, escrita en verso e cun ritmo moi áxil.
  • Mozos/as e persoas adultas: Lo que el día debe a la noche, de Yasmina Khadra (editado por Destino). Unha novela sobre a identidade, a dignidade, a amizade e o amor. Unha historia de Arxelia, dende o 1930 ata a actualidade, na que defende a dobre cultura entre Occidente e o Islam, xunto co respeto ás raices e costumes do seu pobo e á fidelidade á palabra dada. No 2008 foi un éxito de ventas en Francia e premio da revista Lire ao mellor libro do ano.

Libros recomendados o 23 de outubro de 2009

  • Infantil e xuvenil:Sabeliña e os ratos, de Paco Martín e ilustrado por José Tomás (editado por Galaxia). Recreación dun conto tradicional. Sabeliña ten un dente abalando, cáelle estando na escola e agarda pola noite ao rato para receber un agasallo.
  • Mozos/as e persoas adultas: Más Platón y menos prozac, de Lou Marinoff (editado por Punto de Lectura). Todos os filósofos quixeron que os seus consellos foran de utilidade. Neste libro o profesor canadiano Lou Marinoff trata de conectar a filosofía coa psiquiatría, entendendo que son disciplinas complementarias.

Libros recomendados o 16 de outubro de 2009

  • Infantil e xuvenil (a partir de 11 anos):Amancio amigo e o meigo de Salamanca, de Xosé Miranda e con  ilustracións de Patricia Castelao (editado por Xerais). Primeira obra da serie de novelas de maxia protagonizada por Amancio Amigo. Trátase dun rapaz do Courel que marcha estudar a Salamanca. Alí convertirase en estudante de maxia e terá que superar unha serie de probas que ninguén foi capaz de pasar.
  • Mozos/as e persoas adultas:Atlas de una añoranza imposible, de Anuradha Roy (editado por Salamandra). Entrañable e evocadora novela que nos presenta as costumes e tradicións da India de principios do século XX, así como os problemas que houbo antes da separación entre a India e Pakistán, xunto cunha fermosa historia de amor.

Libros recomendados o 9 de outubro de 2009

  • Infantil e xuvenil (menores de 8 anos): Mifi axuda na casa, de Dick Bruna (editado por Factoría K). É un libro para os máis cativos baseado nas ilustracións. Está editado en papel groso para manexalo dun xeito práctico. O obxectivo dos textos é socializar aos nenos e implicalos no traballo diario da casa. Desde o punto de vista pedagóxico procura unha educación non sexista.
  • Mozos/as e persoas adultas: Ciudad de ladrones, de David Benioff (editado por Seix Barral). Partindo das lembranzas do seu avó ruso na II Guerra Mundial, Benioff escribe unha historia arredor do sitio de Leningrado polo exército alemán. As dúas personaxes principais son novas: un rapaz detido por roubo e un soldado acusado de deserción.

Libros recomendados o 2 de outubro de 2009 Escoitar programa 02/10/09 (WAV - 2,443.3 KB)  

  • Infantil e xuvenil (a partir de 8 anos): Violeta non é violeta, de Xosé A. Neira Cruz e ilustrado por Judit Morales (editorial McMillan). Fermosa obra que nos fala dos temores e preocupacións infantís ante a chegada dun irmán.
  • Mozos e persoas adultas:A praia dos afogados, de Domingo Villar (editorial Galaxia). Novela policial que parte dun estarrecedor suceso: nunha praia de Panxón aparece o cadáver dun home coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños cren que foi un suicidio, pero o forense pensa que este caso non é un suicidio e que tampouco morreu pescando. Un novo caso para o inspector Leo Caldas.