Asset Publisher

Back 2009 09 Recomendacións en Radio Oleiros

Todos os venres en Radio Oleiros (101.5 FM) realizamos dúas recomendacións bibliográficas no espazo titulado Todo, todo está nos libros, que se emite ás 13:15 e ás 17:00 horas. Por se non puideches seguir o programa recuperámolos tamén neste espazo:

 

Libros recomendados o 25 de setembro de 2009

  • Xuvenil: Desencuentros, de Jimmy Liao (editado por Barbara Fiore Editora). Historia gráfica sobre dúas persoas que se gustan, comparten os mismos espazos e viven na mesma veciñanza pero nunca coinciden.
  • Mozos/as e adultos/as: El corazón es un cazador solitario, de Carson McCullers (editado por Seix Barral). Anos 30. Sur deprimido dos Estados Unidos. Unha serie de personaxes singulares gravitan en torno á figura do xordomudo John Singer, que fai de receptor dos relatos e desgracias de todos eles.

Libros recomendados o 18 de setembro de 2009

  • Infantil (6 a 8 anos): Secreto de familia, de Isol (editado por Fondo de Cultura Económica). Historia en clave de humor sobre unha nena que unha mañá se levanta máis cedo do que acostuma e descobre que a súa nai, a primeira hora da mañá, convértese nun porco espiño. Que problemón!
  • Mozos/as e adultos/as:Las mejores intenciones, de Ingmar Bergman (editado por Tusquets). Historia de amor e desamor entre o xoven Henrik Bergman, estudiante de teoloxia, e Anna Akerblon, moza de familia acomodada, na Suecia de principios de século.

Libros recomendados o 11 de setembro de 2009

  • Xuvenil (máis de 12 anos):La llave del tiempo: la torre y la isla, de Ana Alonso e Javier Pelegrín (edidato por Anaya). 2121. Catro adolescentes únicos no mundo, debido ao seu sistema inmunitario, son seleccionados por un monopolio farmaceútico, a Corporación Dédalo, para contribuir ao progreso da Ciencia e á loita contra as enfermidades, e invitados a pasar dez anos nunha paradisíaca illa que a Corporación posúe nos confíns do mundo.
  • Mozos/as e adultos/as:María y yo, de Miguel Gallardo. Historia gráfica donde a protagonista é María, unha nena autista.

Libros recomendados o 4 de setembro de 2009