Asset Publisher

Back 2009 08 Recomendacións en Radio Oleiros

Todos os venres en Radio Oleiros (101.5 FM) realizamos dúas recomendacións bibliográficas no espazo titulado Todo, todo está nos libros, que se emite ás 13:15 e ás 17:00 horas. Por se non puideches seguir o programa recuperámolos tamén neste espazo:

Libros recomendados o 28 de agosto de 2009

  • Xuvenil (máis de 12 anos): Alejandro Magno y su gran fama, de Phil Robins (editado por El Rompecabezas). Unha forma amena de introducirse na vida de Alejandro Magno.
  • Mozos/as e adultos/as: Botchan, de Natsume Soseki (editado por Impedimenta). Botchan é un profesor de instituto, novato e inxenuo, que se convirte no obxetivo preferido das mofas dos alumnos.

Libros recomendados o 21 de agosto de 2009

  • Infantil (a partir de 8-10 anos): Selma de Jutta Bauer (editado por Los Cuatro Azules). A ovella Selma dános a súa receita para sermos felices.
  • Mozos/as e adultos/as: La plata de Britania de Lindsey Davis (editado por Edhasa). Marco Didio Falco, o detective máis famoso da Antiga Roma, resolve un importante caso.

Libros recomendados o 14 de agosto de 2009

  • Infantil (a partir de 9 anos): Preocupados.com de Jacqueline Wilson (Editorial SM). O profesor Belos ten unha idea xenial : pon en marcha unha páxina web donde os seus alumnos poden contar, de forma anónima, os seus problemas.
  • Mozos/as e adultos/as: El matrimonio amateur de Anne Tyler (editado por Alfaguara). Michel e Pauline coñécense nos días posteriores a Pearl Harbour e, case sen pensalo, casan.

Libros recomendados o 7 de agosto de 2009

  • Infantil (a partir de 12 anos): Alas negras de Laura Gallego (editado por Ediciones del Laberinto). Na continuación de Alas de Fuego, Ahriel, o anxo guerreiro, ten un cometido: atopar e destruir Gorlian, a prisión máxica encerrada nunha bóla de cristal.
  • Mozos/as e adultos/as: La reina en el palacio de las corrientes de aire de Stieg Larsson (editado por Destino). Última entrega da triloxía Millennium. Que será de Lisbeth Salander?