Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.

Asset Publisher

Back Obradoiros de Ilustración con Manel Cráneo: 22 de febreiro

Manel Cráneo Biblioteca Central Rialeda (2º piso)

O ilustrador Manel Cráneo impartirá un Taller de Iniciación ao Cómic.

Díptico anverso reverso

2 sesións (9,30 e 11,45 h) dirixidas ao alumnado de 1º de ESO do I.E.S. Neira Vilas.

Cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas.

Aviso importante: durante as sesións queda fora de servizo o 2º andar da biblioteca. Os usuarios/as que desexen utilizar o servizo de ordenadores teñen á súa disposición os da Sala Infantil e Juvenil.