Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Image Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro

Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro

"Mutantes...". Charla a cargo de Andrés Martínez Lage, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral . Na...

    Image Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro

    Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro

    "E se os coches non fixeran ruído?, E se só soltaran vapor de auga?". Charla a cargo de Socorro Castro García, dirixida a nenos e nenas a partir de...

      Image Ler para saber: 28 de xaneiro Ler para saber: 28 de xaneiro

      Ler para saber: 28 de xaneiro

      "Para que serven as matemáticas?", Charla a cargo de José Manuel Rodríguez Seijo, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e...

        Image Ler para saber: 21 de xaneiro Ler para saber: 21 de xaneiro

        Ler para saber: 21 de xaneiro

        "O teu corpo produce electricidade!". Xurxo Mariño Alfonso. Charla dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral....

          Image Programación 2011 Programación 2011

          Programación 2011

          Calendario de charlas e obradoiros 2011