Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Image En abril, libros mil En abril, libros mil

En abril, libros mil

Actividades organizadas por Bibloleiros para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil

    Image Ler para saber A CIENCIA Ler para saber A CIENCIA

    Ler para saber A CIENCIA

    Venres, 22 de marzo 2019, ás 18:30

      Image Ler para saber A CIENCIA: 15 de marzo de 2019 Ler para saber A CIENCIA: 15 de marzo de 2019

      Ler para saber A CIENCIA: 15 de marzo de 2019

      18,30 h. na Biblioteca Central Rialeda. "Unha solución para o noso planeta: as bacterias que 'comen' plásticos" por Dimas López.

        Image Ler para saber Ler para saber

        Ler para saber

        Charlas de divulgación científica en Rialeda