Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Image Ler para saber A CIENCIA: Programación 2012 Ler para saber A CIENCIA: Programación 2012

Ler para saber A CIENCIA: Programación 2012

Programación das charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos , a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral para o ano 2012

    Image Ler para saber A CIENCIA: 29 de abril Ler para saber A CIENCIA: 29 de abril

    Ler para saber A CIENCIA: 29 de abril

    "Verde que te quero verde", Charla a cargo de Mª del Mar Dominguez Pacheco, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en...

      Image Ler para saber  A CIENCIA: 8 de abril Ler para saber A CIENCIA: 8 de abril

      Ler para saber A CIENCIA: 8 de abril

      "Pero... de que están feitas as cousas?", Charla a cargo de Moisés Canle López, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e...

        Image Ler para saber A CIENCIA: 1 de abril Ler para saber A CIENCIA: 1 de abril

        Ler para saber A CIENCIA: 1 de abril

        "Remedios populares: serven os mexos para curar as picaduras de medusas?", Charla a cargo de Francisco Doménech Casteleiro, dirixida a nenos e...