Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Image Ler para saber A CIENCIA: 2 de marzo Ler para saber A CIENCIA: 2 de marzo

Ler para saber A CIENCIA: 2 de marzo

"Petróglifos de Pena Furada", charla a cargo de Antón Fernández Malde, dirixida a nenas e nenos, adolescentes e público en xeral. Na Biblioteca...

    Image Ler para saber A CIENCIA: 10 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 10 de febreiro

    Ler para saber A CIENCIA: 10 de febreiro

    Neste 2012 declarado pola ONU, Ano Internacional da Enerxía Sustentable para Todos/as, teremos a charla titulada "Enerxías renovables para o século...

      Image Ler para saber A CIENCIA: 3 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 3 de febreiro

      Ler para saber A CIENCIA: 3 de febreiro

      "Repúblicas de Homes Libres: na procura dos viquingos en Galicia", charla a cargo de Manuel Gago Mariño, dirixida a nenas e nenos, adolescentes e...

        Image Ler para saber A CIENCIA: 27 de xaneiro Ler para saber A CIENCIA: 27 de xaneiro

        Ler para saber A CIENCIA: 27 de xaneiro

        "A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos/as", Charla a cargo de Roberto Bao Casal, dirixida a nenos e nenas a partir de...