Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Image Ler para saber A CIENCIA: 13 de abril Ler para saber A CIENCIA: 13 de abril

Ler para saber A CIENCIA: 13 de abril

SUSPENSIÓN da charla prevista para o venres 13 de abril "Que noxo de ciencia!" que ía ser impartida por Francisco Doménech Casteleiro

    Image Ler para saber A CIENCIA: 23 de marzo Ler para saber A CIENCIA: 23 de marzo

    Ler para saber A CIENCIA: 23 de marzo

    "O xardín de Mendel", charla a cargo de Andrés Martínez Lage, dirixida a nenas e nenos, adolescentes e público en xeral. Na Biblioteca Central...

      Image Ler para saber A CIENCIA: 16 de marzo Ler para saber A CIENCIA: 16 de marzo

      Ler para saber A CIENCIA: 16 de marzo

      "A sorprendente utilidade das matemáticas", charla a cargo de José Manuel Rodríguez Seijo, dirixida a nenas e nenos, adolescentes e público en...

        Image Ler para saber A CIENCIA: 9 de marzo Ler para saber A CIENCIA: 9 de marzo

        Ler para saber A CIENCIA: 9 de marzo

        "Queres xogar con sólidos, líquidos e gases? Evapórate!", charla a cargo de Socorro Castro García, dirixida a nenas e nenos, adolescentes e público...