Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Back Programación 2010

Esta foi a programación de 'Ler para saber', aquí podes coñecer as temáticas das que se falou e quen falou delas:

  • 5 de febreiro: Obradoiro de papiroflexia

      Concepción Seijas Pardo. Licenciada en Ciencias Exactas. Profesora de Matemáticas

  • 26 de febreiro: Funcionamento do corazón e prevención de enfermedades

      Emiliano Fernández-Obanza Windscheid. Médico

  • 5 de marzo: A pesca e o marisqueo na nosa costa

      Fina Mosquera Roel. Profesora do CEIP Valle Inclán

  • 12 de marzo: Algúns seres microscópicos curiosos

      Concepción Herrero López. Doutora en Bioloxía. Vicerreitora de Investigación da Universidade da Coruña

  • 9 de abril: Que é a biodiversidade?

      A cargo de Elvira Sahuquillo Balbuena, Vicedecana da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña

  • 16 de abril: Curiosidades dos caracois

      María del Mar Domínguez Pacheco. Profesora do CEIP A Rabadeira

  • 23 de abril: Biodiversidade, evolución e ser humano

      Francisco Armesto Ramón. Biólogo e Director Técnico de Proxectos dos Museos Científicos Coruñeses

  • 30 de abril: Dende a natureza á farmacia

      Isabel Nieto Prieto. Doutora en Química. Investigadora do Grupo de Productos Naturais Mariños da Universidade da Coruña

  • 7 de maio: Que son os fósiles e que nos contan?

      Roberto Bao Casal. Doutor en Bioloxía. Profesor de Paleontoloxía da Universidade da Coruña

  • 14 de maio: Ciencia sorprendente

      Moisés Canle López. Doutor en Química. Vicedecano da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

  • 21 de maio: Estamos rodeados de ácidos e bases

      Elena López Prada. Profesora de Física e Química do IES Miraflores