Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Back Ler para saber A CIENCIA: 25 de marzo

Ler para saber A CIENCIA

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 25 de marzo ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Alba Airas e Ana Gómez, alumnas do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo , falarán sobre "Inventos de hoxe en día" previamente á charla “Biografía do corpo humano” a cargo de Francisco Armesto Ramón , biólogo e director de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses e coautor, entre outros, do divertido libro de experimentos 10 xpriments kn ¡¡¡pelos!!! .

Seleccionamos para ti libros e DVD (PDF - 1,052.5 KB) para esta charla científica.