Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Yolanda Castaño no Mes do Movemento para ler libros escritos por mulleres na Biblioteca de Sa

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), deuse a coñecer como poeta, a través dunha serie de premios de poesía menores ata que, gracias ao Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995). Seguíulle Delicia (1998), e máis tarde Vivimos no ciclo das Erofanías (1998), editado co gallo do Premio Johán Carballeira, e que tamén recibiu o Premio da Crítica Española 1998. No ano 2000 publica Edénica, unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior ao que segue O libro da egoísta (2003). Ao fío deste poemario, Yolanda dirixiu e produciu un “videopoema” que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual, e que resultou gañador do Premio Videocreación do Festival Compostela Curtocircuito 2004. 
 
 
En anos posteriores publica Profundidade de campo (2009) e Erofanía (2009). No ámbito infantil podemos salientar Punver (2006), Cando eu saiba ler, Punver de volta (2009) e Verdedades (2012). Ten participado en varios volumes colectivos  e tamén aparece a súa obra en diversas antoloxías. Como poeta, e tamén como crítica literaria, ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas así como en diversas iniciativas audiovisuais. http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/
 
 
Formou parte da equipa fundadora e directiva de Letras de Cal, unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos. Ademáis de manifestarse coma unha activa animadora cultural, organizou, xunto con Emma Couceiro, dous Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía (1996 e 1998). Así mesmo, ten recitado poemas e ofrecido charlas, ou participado en foros poéticos, como Poetas di(n) versos,  e encontros por toda a xeografía galega tanto como estatal e tamén internacional. Foi Secretaria Xeral da Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega (AELG). 
 
Ademáis de poeta, é conferenciante e tamén articulista en varios medios escritos galegos á vez. Mentres, dirixe Obradoiros de Poesía en diferentes vilas e cidades do país. Ten participado nas bibliotecas de Oleiros, en varias edicións das actividades organizadas para os centro escolares do municipio.

Obras súas teñen sido traducidas ao castelán, catalán, inglés, francés, alemán, ruso e árabe.