Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

Presentámosche unha serie de actividades para o mes do libro e da lectura. As sete bibliotecas municipais acollerán diversas propostas para todas as idades, tanto público en xeral como para o alumnado dos centros públicos do Concello. 
 
Desde a ciencia para tod@s de Ler para Saber ata o encontro literario co escritor Santiago Jaureguizar para falar da súa obra "A coroa de Napoleón" ; tamén achegaráse o ilustrador Xosé Tomás para impartir novos obradoiros de banda deseñada e Yolanda Castaño iniciará aos mozos á creación poética. 
 
Ademáis, exposicións temáticas e contacontos con Pedro Brandariz, Marisa Irimia e outr@s, recitais de poesía e dramatizacións literarias con Soledad Felloza xunto con espectáculos como "Abrapalabra" de Matapiollos Teatro e "Hip hop, poema pop" de Modestos Contos de Broadway, completarán o noso mes do libro e da lectura.