Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Díaz Pardo : Compromiso e lealtade

Dende este pequeno espazo, as bibliotecas de Oleiros queremos homenaxear a figura de Isaac Díaz Pardo (1920-2012)
 
Fillo do pintor Camilo Díaz Baliño, foi deseñador, ceramista, editor e empresario. Nacéu en Santiago e hoxendía considérase un dos referentes indiscutibles da nosa cultura. Destacados galeguistas como Castelao, Cabanillas, Risco e outros foron os referentes da súa formación intelectual. No ano 1936 colaborou dun xeito comprometido na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.
 
Tra-lo seu paso por Arxentina, onde vivíu exiliado, acomete unha das grandes renovacións do arte galego, fundando xunto a Luis Seoane o Laboratorio de Formas, posteriormente chamado Grupo Sargadelos, e no que se incluiría Edicións do Castro.
 
O seu legado bibliográfico, documental, epistolar e gráfico, máis de 16.000 volumes, será conservado na Cidade da Cultura.
 
Recibíu ao longo da súa vida destacados recoñecementos como a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, Doctor Honoris causa pola USC e a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto de Compostela.